27/12/2015

PLAN 110 DO ESPAZO EXTERIOR MAILA MURCIANA INFILTRADA

Chejaron do espazo exterior e quedaron aló entre Magalofes e Sillobre, Fene. Eran 110. 111 comijo. Eu tiven alí entre eles.

Todo comesou hai unhas semanas. Tando eu de festa cos trasnos en Niñóns, Mónica de Ordes prejuntoume polo wasap se quería ir eiquí:


Nin idea do que era. Contestei que por suposto, que ía de cabesa. Non se pode andar de festa, de verdá.

Xa lojo na casa, despois de anotarme, desidín documentarme moi a fondo, por non apareserlles en Fene prejuntando in situ se aquilo da open rogaine era foliada ou romaría, e tamén por saber se había que levar empanada ou aljo, non fose chejarlles de mans baleiras. Primeiro consultei o significado do palabro “rogaine”. “Open” xa o sabía, que son estudada.

ROGAINE
From Wikipedia, the free encyclopedia

Rogaine may refer to:
  1. Minoxidil, a hair-regrowth medication. One of brand marketinf Minxidil is Rogaine.
  2. Rogaining, a team sport of cross-country navigation

Desbotei a primeira asepsión do termo. Non sei, a imaxe non me evocaba moito o anunsio dunha perruquería. E de selo, o rapás había de ter unha cita ben importante para andar tan desesperado aí á noite buscando un tratamento anticaída a todo meter, dispensando.

A sejunda asepsión xa cadraba un poco máis. Ajora que... “navigation”? Polo monte? Tan flipaos. Se hai que ir, vaise; pero pareser paresíame unha marcianada. De feito, cando me vin entre a caste esta dos navijéitors do monte, todos con lusiñas prendidas na cabesa e uniforme verde fosforito reflectante, tiñan un aquel tan jaláctico, tan Star Trek, tan de misión espasial, que por fin caín na conta:

Rogaine” non é palabro deste mundo. É klingon.

Así como volo dijo. Foi unha revelasión. Lembrádesvos de cando vos disía que os orientadores falan unha especie de barallete incomprensible, todo inzado de sigras e de numeriños? Enigma resolto. É klingon, porque...

 ...Son vulcanianos

Foto de docs_Xan

Prejuntarédesvos que pintaba eu entre 110 vulcanianos. Contestareivos que houbo ser por errata. Por andar ás présas. Quixeron recrutar rapidiño os vulcanianos espallados por Jalisia para a xuntanza de Magalofes e ao chejar ao meu rexistro do padrón leron “marciana” no canto de “murciana”, e metéronme na lista por ter un detalle entre extraterrestres. E así foi, amijiños, como servidora, nacida cartagenera, tornou murciana infiltrada.

Para confirmar a miña teoría sejín documentándome e lin:
  • os vulcanianos son de jran fortalesa e resistensia física, posuíndo unha forsa des veses maior cá dun humano”. Proba vivinte: Almudena, por poñer un exemplo. Aí a estaba.
  • Jran resistencia ao sono e ás bebidas alcohólicas”- Ao sono sejuro, que fan raids de sinco días sejidos e de máis habían faser se lles deixasen. Ás bebidas alcohólias prejuntádelle a eles. Eu si que as ajuanto bastante ben, pero as infiltradas non fasemos proba.
  • Aparentemente poden sobrevivir 24 horas unha vez extirpado o seu cerebro”. 24 horas? 49 anos levo sobrevivindo sen serebro. Por fin jaño en aljo! Opa Murcia!
A última proba, a definitiva, froito do meu traballo de campo, é a sejinte: levan sempre a cabesa tapada cun pano. Non vos deixar enganar. As orellas puntiagudas intúense aí embaixo.


Ajora xa desvelado o misterio da filiasión vulcánica, e sen ánimo de crear alarma social, debo anunsiar aljo máis:

Estannos a invadir.
Mirade este mapa:

Cada un dos círculos numerados morados e vermellos marca o emprazamento dunha bandeira vulcana que aló foron fincando para marcar o territorio conquistado en Fene, Jalisia. Ao alto do monte de Marraxón non chejaron, ijual desalentados pola sona de rudos e bravos que precede os naturais da zona. Á ijrexa de Santa Mariña de Sillobre si, que ben se vía que tornara vulcaniana, tan enjalanada lusía e reverberaba. Non sabías se entrar a jastar pista ou a pilotala. O Enterprise, mesmiño.

Xa non pode un pasear polo monte sen topar bandeiras vulcanas
Foto roubada a Pablo L. Franco eiquí

As bandeiras, disía, son tridimensionais, brancas e vermellas. Delas pendura un coljarello en forma de jrampadora: non meter aí os dedos, é trampa. Eles utilízana para perforar unhas tarxetas rectangulares cuns símbolos estraños: o códijo estilisado do idioma klingon. E corren incansables -todos vulcanianos- dunha bandeira a outra en misión de recoñesemento da terra dobrejada antes de botarse a outra misión. Porque sabede que como testemuña presencial rogainística, atesouro informasión privilexiada sobre os plans vulcanianos en Jalisia: unha ves presa e cautiva Fene, o obxectivo da vindeira navejasión non é outro que Sas, Paderne, con base en CasaSixto, non sabedes? Aló onda San Pantaleón das Viñas.

Avistamento de vulcanianos en faena, foto Yago Breijo
Vulcanianos deseñando a estratexia invasora, foto Docs Xan

Pero tranquilos

Quer disir, a xente vulcaniana é coñesida polo seu estilo de vida baseado na razón e na lóxica.
Cando tal se viu por aquí? Séndeme de bo invadir, ho, que inda saímos jañando. Que voten nas próximas eleccións, a ver se saímos de táboas. Que imos faser se non? Subir ao curuto de Marraxón inisiar a reconquista? E de Don Pelaio quen fai, o Tonto de Viladonelle? (O Tonto de Viladonelle é unha variante local da figura do Home do Saco, de moito avío para as nais mandaren os nenos durmir sen protestas) De verdá, non compensa. Se non, lembrade a maldita jerra da independensia: tanta teima por expulsar os franceses e total para acabar cun Fernandito Borbón dándonos por... Dispensando, tamén. Son afrancesada. E ajora que me infiltrei murcianamente, vulcanizante ata a médula. Tanto que xa vou prendendo na fala. Así que hoxe mándovos durmire en klingon:

Qapla'


Que pode traducirse como “adeus”, “que teñas a honra de morrer na batalla e nunca sobrevivir á derrota”, e tamén como “pasa para a cama, que aí che vén o Tonto de Viladonelle”



Os de Star Wars celáronse e tamén querían saír disindo Bo Nadal