18 de abr. de 2015

CARMEN E PAULINA. ABRINDO FIESTRAS

Escribiu así un día Carlos Salem: “Y sintió que estaba hecho de arena, condenado a las ventanas cerradas y a evitar las corrientes de aire”

Ergueuse así un día servidora. Abrín medio ollo aí ás once o dominjo pasado e sóubenme areosa, volátil, talmente salemizada. Salamizada non, hostia.

É o que ten encontrarte un sábado coa noite libre por sorpresa, cunha invitación a cear e sen ter arjallado botarte ao monte á mañá sejinte. Que vas coma unha tola e lojo amences destrozada, escachada, fragmentada, astillada, pulverizada, areizada. Tamén hai sitios que lle chaman resaca.

Puaj!

Area es e á area volverás, díxome unha neurona que encontrei na cunca do típico café nejro carjado e amarjo. Hai quen lle bota jotas ao café, hai quen lle bota leite e na escuma aparésenlle as caras dos seus anterjos, así tipo Bélmez pero en café con leite (moi socorrido é rapinarlle as ideas ao Suso Lista, así a todo) e hai quen lle bota neuronas, que é bastante divertido porque dan moita parola e anímante a faser cousas e a saír da casa e non quedar aí coma a fondona das fiestras fechadas. Viva o efe.

Así que lojo marchamos para o areal de Santa Cristina a neurona maila saca de area botarlle unha remada. Aló taban xa o Alejandro, María, Sergio, Carmen, Tino, e outras dúas raparigas (a neurona a pobre é boa coas citas solemnes pero unha calamidá para os nomes). Lástima de fotos. Non hai, quer disir. Podo faser trampa e poñer unha doutro día. Coma quen non quere a cousa. Pero sería trampa e así tamén non me vedes recocerme abrijadirma remando cual penitente baixo un sol infame dadas as sircunstansias. Sircunstansias que como disía tamén hai sitios que lle chaman resaca.

Lojo de remare fixemos un picnic perroflauta, que consiste en que a xente saca as empanadas aí no medio do paseo e hai moita animasión e está Osa, a cadela, e está a xente que nos mira raro ao pasar e nunca adiviñarían que somos deportistas. Tamén moito prexuíso hai no mundo.

E dijo eu: que pasa? que nunca viron, entre outras cousas, un saco de area resacoso e dous tipos medio durmidos bebendo cervexas de a medio litro e papando empanada no medio do paseo? Pois que saiban que o saco de area... bueno, o saco de area é un saco de area, deixade estar así. Pero os dous tipos eses que paresen a punto de toquear -espertade, leñe, que falan de vós!- o Alex mailo Sergio, son a metade do Gallaecia NotNormal Adventure. Que botaran toda a noite anterior a adestrar polos montes de Ordes. Not Normal, abofé. Que tamén é serto que moi normal non vos son, que eles tamén van partisipar na animalada esa do raid de sinco días sejidos, e teñen que andar por aí orientando sen parar en plan extremos que te cangas e para máis inri sen durmire. Por que non paro de coñecer frikis?

O que si que estou sejura que nunca imaxinarían aqueles paseantes é que Carmen, esoutra muller do picnic perroflauta, esa que acaba de botar unha boa remada e está co seu medio litro de cervexa, esa muller é campioa nacional de carreiras por montaña. Compañeira de fatigas de Paulina, outra cuarta parte do Gallaecia Not Normal Adventure que chegou despois para unirse á ruta polos montes de Bastiagueiro.

Paulina e Carmen camiñan xuntas, están tan compenetradas que paresen unha soa persoa. Escoitando a Paulina poderías pechar os ollos e imaxinar vividamente cada detalle do terreo e da paisaxe. Sabe describir todas as texturas do chan, todos os obstáculos, o grao de xiro, a inclinación do camiño, a técnica máis axeitada para acometer unha baixada, o punto de inclinasión da cabesa para non bater cunha rama... Paulina retrata a paisaxe coas súas palabras, e fai sinais sonoros pegando pisadas fortes nos puntos problemáticos. Carmen escóitaa e avanza áxil pola paisaxe que pinta Paulina. Ten tempo de contarnos chistes polo camiño, sempre contenta. Tanto que Tino quixo deixarse guiar tamén un cacho por Paulina; quería sentirse como Carmen.


Porque con Paulina, Carmen non é invidente. Non é de area, nin está condenada ás fiestras fechadas, nin a evitar as correntes de aire. Carmen é a campioa. E deixounos marabillados.

Carmen e Paulina en acción. Tino non daba crédito
Tino probando unha experiencia difícil
O Alex e o Sergio a punto de toquear. Sergio taba rallante de todo.
Xa sempre o dijo eu, que pasar sono é malísimo. 
E xa aproveito o pé de foto este pra mandarvos durmir a todos. Lavade os dentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario