5 de maio de 2013

NAI EXTREMA

Hai nais mais extremas ca ti”- espetoume a criatura atermica que teño por fillo o outro dia despois de botar duas horas seguidas bañandose na praia. Argumentaba que na auga son unha frioleira, que nas baixadas empinadas en bici vou freando seguido e morta de medo, que odio xogar ao futbol e que patino moito mais lenta ca el, onde vai parar. Razon non lle falta ao condenado cabezudo -como lle diria C3PO a R2D2-, pero asi a todo, que tan mal me sentou. Levo tirado tanto del para sairmos a nadar, a remar, a andar en bici, a patinar, a camiñar polo monte, mesmo para aprender a surfear, para que ao final me chante que non son extrema e se quede tan pancho… Condenado cabezudo!

Pero quietos, que ainda esta por vir o peor do asunto. Porque cando lle suxerin que igual hai poucas nais que corran polo monte, o moi descastado respondeu que total, chegando sempre cos ultimos non ten merito, que se gañase algun trofeo ainda teria un pasar. Ai xa me deron ganas de ir a un bar e pedir un detonador gargarico pangalactico* e esquecerme da vida, do universo e de todo*; pero resistin ese impulso e mais o de mandalo interno a perpetuidade, e para reafirmarme no autobombo inscribinme no Trail Aldeas do Courel (a ver se con 36 km puntuo un pouquechin diante do cabezudo) e hoxe, dia da nai non extrema, leveino a facer a ruta do Mero en bici.



E moi cheo ia o rapaz, co seu maillot novo e a miña mochila de hidratacion… Daba gloria velo. O que xa me deu que pensar foi cando me confesou que ao facer baixadas en bici se sente mais alto e mais forte, que lle entra unha sensacion estraña e marabillosa, e que iso e ser extremo. Outro friki pa o saco, ai diormio, vaia familia de piraos, diciame eu. Ocorreuseme tomarlle un pouco o pelo e dicirlle que eu ademais de mais alta e forte, tamen me sinto mais loira e de ollos azuis… E resulta que el tamen!!!! Case caio da bici coa risa… E outro tanto cando quedou cravado no medio dunha subidiña e a punto de caer de lado, exclamou todo triste: ai, agora si que non estou nada loiro!  :D

En fin… nin extremos, nin altos, nin loiros. Agora que o paseo de hoxe foi o mellor trofeo que podia ter recibido, dispensando a ñoñeria. Iso si, como non dea rematado o TAC, daquela xa me podo preparar para que na casa me chamen Barbie ou mesmo insultos ainda peores, de habelos.


* Guia del autoestopista galactico

11 comentarios:

  1. Ánimo, vémonos no Courel!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ghrasias, e moitas noraboas por esas maratóns de asfalto e de monte, peaso de crack, e recordos pa a túa moza maratoniana (non sei se acordara de min por Gondomar).
      Aló nos veremos, pero pouco tempo, que logho saídes disparados coma foghetes

      Eliminar
  2. Carlinhos de Souto06/05/13, 10:07

    Moi ben Rosa, boa decisión a do Courel, alí nos veremos!!

    Non hai mellor agasallo que o que comentas....
    Fixareime máis nos ciclistas cando vaia pasear polo Mero coma onte ( vivo en Cambre ).....non te librabas dunhas cañas jajaja

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Comor???? O sábado 50 km e o domingho aínda tes corpo pa pasear???? Que cañas nin que cañas... ídeme pedindo aí un detonador gargárico pangaláctico dealitro, que teño eu moito que olvidar. :D

      E Loli? U-la Loli?
      Loliiiiii, dime algho

      Eliminar
    2. Hola Rosiña... tes uns "collos" (con perdón... pero non se me ocorre outra forma de describir o teu coraxe). Eu xa teño bastante con ser "nai" simplemente; o de ser "nai extrema" paréceme sobrenatural :D.
      Os meus teñen que conformarse cunha nai rechonchiña e patosa... pero parece que tamén lles vale (son un sol, todos eles, a que sí?...)

      Bicos. Loli

      Eliminar
    3. Non é coraxe, Loli, que é pura necesidade de botar a correr e desaparecer :D
      Aquí a nai-tapón escasamente extrema envíache bicos a esghalla

      Eliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. pues no se para el niño , pero para nos, eres nuestra dama montuna que como tú, ninguna!!!
    Ahora sí.

    ResponderEliminar
  5. Iso que acabas de escribir pero traducido a linguaxe de antes de sermos todos politica e aburridamente correctos, viria sendo algho asi como que son unha cabra revenida, non?

    Ghrasias!!!!! :D

    ResponderEliminar
  6. Jaja, genial la entrada! No sé si somos "extremos" o non. Lo que importa es seguir siendo lo que somos :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Frikis, queres dicir? :D
      Encántame saber que fago rir, aínda que soamente sexa un pouquechín, aos lectores. Grazas pola visita e por enlazarme no teu blog... Agora soamente queda que cadremos no monte para que saquemos unha foto (eu subida nun taburete) na que se me vexa algo máis có cóbado, coma esa de Moaña :D

      Eliminar