28 de maio de 2013

GALICIA MAXICA TRAIL APERTAS - ESVARO NO COUREL

Pero quedei sen elas. Sen as apertas de Moutinho ao entrar en meta, que a ver que necesidade tiña eu de ir esvarar no Courel, alo onde cristo perdeu os cravos, naqueles eidos solos onde ninguen foi nin ha de ir, se non eran as apertas de Moutinho ao rematar, que aquí churrasco non daban.

E non pintaba mal a cousa -quitando a semana previa estresada, maldurmida e guarra de nocilla- (alo foi a captatio benevolentiae de rigor), nooon, non pintaba mal: de feito, contra todo prognostico, conseguin non perderme no camiño Sarria-Seoane, ghrasias as indicasions dos meus anfitrions, Carola e Serxio, e mais dun corredor asfalteiro de Sarria que apareceu na barra dun bar tomando as cañas a vespera (isto non e frugal, seino, nin ortodoxo pa a vespera dunha carreira, pero calademe a boquiña e deixademe vivir, vale?)

Sarria-Samos. Friaxe, sol, pelejrins.
Lembranzas doutras xeiras en que a miña anfitrioa, gran medievalista e museologa, me guiara polos segredos da abadia.

Samos- Triacastela. Friaxe, sol, pelejrins.
Atraveso terras tremorentas sen atrancos (nun tris tras, sen tregua, e se queredes tres tristes tigres tamen volos poño, erre que erre)

Triacastela-Alto do Hospital. Friaxe, sol, pelejrins.
Xa lles vale aos pelejrins no medio da estrada.

Alto do Hospital-Seoane do Courel – Friaxe, sol, estela de condutores aborrecidos.
O retrovisor reflicte imprecacions contra a vella do Opel Austwich a 20 por hora.

Seoane do Courel, andandara a escola esa onde reparten? (dorsais)
Baixo a costa ghrande. No camiño saudo a Manuel. Non recordo o que falamos porque deixara as neuronas ciscadas por Sarria. Tamen a Quirina e Palote, parella supersonica. Dorsal, camiseta azul GMTA bonita bonita, plantiña de regalo. Chamanme “doña”. Non respondo cun bolsazo porque non hai confiansa e levo mochila, pero na proxima xa veredes, orghanisadores. Bolsazo co ferro de pasar dentro pa mais contudensia. Co debido respecto  :D
Subo a costa ghrande. No medio saudo a Luis e tamen a sufrida Lucia, que vai preguntandose que faser mentres o mozo trailea, eterna pregunta da xente acompañante. Logho vexo unha cabesiña asomando nunha fregoneta: Luis o da Camara, de palique con Carlinhos, ultreiros ambos. E a pobre da Loli enfrontando un reto moitisimo mais arduo: esperar que o home ultree. Loli, fenomena. Faltaba Blanca, trailera maratoniana que imaxino que teria que pasar sen correr pa quedar co cativo. Opa ai, Blanca, espero que cadremos axiña nalghun monte.

Un que pasaba cara a escola –se e que van coma tolos- case me deixa sen plantiña e sen dorsal mentres lle sacaba esta afoto a Luis, o gnomo da fregoneta:



Deixo a chaqueta no coche, prendo o dorsal no mochilo de Dora a Desbrosadora. Empezo a baixar a costa ghrande. Volvo ao coche, deixo a plantiña, ai que despiste. Empezo a baixar a costa ghrande. Volvo ao coche, collo as luvas CTO. Empezo a baixar a costa ghrande. Volvo ao coche, penso en fuxir. Desisto. Baixo a costa ghrande. Erame mellor ser covarde e fuxir, pero por non volver subir a costa ghrande xa logo quedo a trailear.

Fago a pailaroca mitomana autopresentandome a moi admirada Sonia Botana, que me conta un cachiño da sua traxectoria. Peaso de runner, peaso de forsa e exemplo de superacion. Reverencia.

Saio peghadiña as compostelas Belen e Cristina. Encantame que haxa un tapon descomunal xusto antes da primeira baixada cabr…dificil, porque asi nos da tempo a presentarnos a Raquel, que tivo a amabilidade de sacarnos esta foto con Luis, que tamen e fillo predilecto deste blos por tantas flores que lle bota:

Non e unha romeria, chamase trail.

Na Cova da Mouta, Mourinho – Espera, non: na Cova da Moura, Moutinho (asi si) recibiunos cual espirito benfactor das tebras espelusnantes, ou das espeluncas tenebrosas, ou algho asi, advertindonos de abaixar a cabesa pa non escachala contra as rochas, a poder ser, e felicitandonos por atrevernos a vir esvarar ao Courel. Pero de apertas nada, mecajina.

Val dos Moutinhos das Mouras - Foto GMTA


Xa logho fun quedando soa por torpe e zoupona. Outra ves estamos solos no monte, non vemos xente nin dios! Rozaduras na man, nocello esquerdo teimando en torcerse cada tres pasos, ollada cravada no chan previndo escordaduras, ollada perde de vista balisas, mecajoental, zoupona desorientada, volta atrás, encontrar balisas, seguir, relax, relax, relax, magnifica paisaxe fluvial, zoupona arrebatada polo fluir melodioso das augas e o verdor da fraga, mecajoenninjundios, pero outra ves, sera posible, as balisas nomades esas seica deron en xoghar as aghachadas?, zoupona entra en panico, balisas are missing, o chan ten vocasion rampante, ostion on the floor, aterraxe forozosa en cadeira esquerda. Os espellos seguen ai, perennes e cristaiños,! Pro a ledicia…a ledicia: onde ma levaches, rio? Bagoas mal reprimidas, interrogantes patafisicos a destempo, usease, que vaia o TAC a tomar vento, que o que son eu dou volta. Coxa, pero dou volta, vive dios, pero asi a todo que ben pouco duran as firmes determinacions na casa da agnostica pseudotrailera, que logho dun cacho de volta retomo o rego, que tanta quilometrada pa cheghar eiqui non ha de ser de balde, e se non son quen de trotar pois camiño ou rebento ou algho, e sabemos que ti podes ser ser outra cousa, sabemos que o home pode ser outra cousa. E disque a muller tamen. E a muller trailera xa non vos quero contar; a muller trailera e moi traballadora, traballa na casa e mais traballa fora.

Xente ao lonxe que se vai acheghando, estupendo, formamos desfile de excombatentes, hasta o noso sudor sen alento perdese na terra, un chisco de parola de cando en ves e moi paseniño imos fatigando marabillosos camiños que nos levan por Vilar, onda o artesan Xan do Ferreiro e o seu museo etnografico, e o palco da musica que semella feito para a Orquestra Azul de Rivas en Un saxo na neboa, que mesmo parece que os estou escoitando na sesion vermu disindo aquilo de Nos dirigimos a nuestro distinguido publico en castellano ya que el gallego lo hemos olvidado despues de nuestra ultima gira por Hispanoamerica




Foto GMTA

Que lindo era o avituallamento aquel do lavadoiro de Froxan; alo preghunteille ao Linkin o que lle botan de comer na sua casa para faser do tiron os 101 Peregrinos e Ronda; pero sobre todo pareceume lindo porque tiven a sorte de poder falar por primeira ves con Lupe Lodeiro. Que gran muller e Lupe e cantas ganas teño de que se poña ben e volvamos vela correndo coma unha gacela. Outra gran muller, Almudena Suarez, convidouna a compartir o podium do TAC na entrega de trofeos, no que para min foi, con diferencia, o mellor momento da xornada:


Forza, Lupe!
E noraboa a toda a xente trailera e ultratrailera, con podium ou sen el



Despois disto, que mais podo dicir…

Existindo mulleres da caste de Sonia Botana, Lupe Lodeiro, Almudena Suarez, e tantas outras, seguireime limitando a exercer de bufona a traves deste lameiro e a compartir cachos de lecturas, se mo permitides.

En todo caso, recomendovos ler unha cronica de verdade:
 http://jeffxavi.blogspot.com.es/2013/05/tacderrota-o-victoria.html

Ou tamén os vídeos de Luis Rodríguez, o da Camara:
videos UTAC 


Igual outro dia acabo de contarvos canto eu chorei chorei o sabado a tarde na baixada vertical en lousa humida e como abandonei no quilometro 31 sen remorso ninghun -non sendo pola lamentable perda da aperta de Moutinho :D – e de como ao dia seguinte na Louzara xabreira do Baixo Courel descubrin o marabilloso roteiro poetico de Fiz Vergara da man dos meus anfitrions (ghrasias mil, Lía, Carola e Serxio) e da Asociacion Cultural Ergueitos, e tamen de como escoitei a Paco Pestana ouvear poemas empoleirado nun poste da lus.

Paco Pestana ouveando a Fiz Vergara


Pero iso sera outro dia. Hoxe prefiro parar e dedicarlle cada unha destas humildes palabras a Lupe e desexarlle o mellor. E a Pauliña, moitos animos.

Galicia Maxica Trail apertas para tod@s. Ala, todos dios a durmir e a soñar co Courel.

 Foto de Tomy Cuba


BALIZAS
Textos de Novoneira
Textos de Fiz Vergara
Texto de M. Rivas





7 comentarios:

  1. como siempre muy bien, pena de no rematar cuando te faltaba tan poco. Lo del poste de la luz bien merece un post entreo, jajaja.

    vémonos, espero, no que hay en Mugardos en setembro, ide ben guapos que volverei de EEUU con una nova cámara que saca ata os piollos (estou da que teño ata os concellais, e o alcalde tamén, menuda merdallada comprei)

    unha aperta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Noraboa, finisher ultreiro!!!! E mira, non gravarías o momento en que vos embesteu o diaño en forma de cabron? :D Asi a todo, vaia aventuras pa contarlles aos netos
      Pasádeo moi ben en ultramar, pero coidado, non se vos vaia peghar o asento de Texas coma a Aznar :D
      Xa vou mercando o filvit, malo sera que non me dea despiollado pa a estrea da camara nova en setembro
      Unha aperta ghrande pa ti e pa Blanca!

      Eliminar
    2. nesta ocasión non grabéi moito, andaba preocupado en poder chegar, e menos no momento do cabuxo, aí creo que somentes pensabamos en como sair sin un corno nalgures, pero sí, aventuras que unen a xente que fai Trail, e o grande deste deporte.

      xa non vamos por texas, non sexa o demo, ;-)

      apertas a todos, seguireivos por este xuño cheo de carreiras, rabia que me da, pasádeo ben e non mancarse

      Eliminar
  2. Ahora tocar recuperar, ¡mucho ánimo!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ghrasias, señor alcalde :D
      Xa case estou pa outra, as malas herbas sómosche así

      Eliminar
  3. Carlinhos de Souto29/05/13, 17:38

    jajaja dende logo Rosa, pásalo de carallo, como ten que ser!
    se enfocaras un pouco máis abaixo na foto que aparece Luis na furjoneta, aparecía o meu cadeliño botandolle unha mexada na roda jajaja
    Estou desexando que vaias a todo-los trails posibles pa ler as túas crónicas !! Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Carlinhos, peaso finisher, xa me tardabas! Noraboa, superultreiro!
      E fíxate que coinsidensia, eu tou desexando ir zoupar a todos os trails posibles e perpetrar a cronica soamente pa que Loli e ti me poñades eiquí un comentario. Mira ti que ben levados :D
      Pas outra ves leva o cadeliño e que vos defenda dos cabuxos asasinos, que non todo vai ser mexar nas frejonetas dos colegas. Digho eu.
      Ghalisiamaxicatrailapertas

      Eliminar