28 de abr. de 2013

A SACHAR

Atrevinme, e que ben fixen. Fun pisar o sol do Xalo e trouxeno todo para a casa; de feito ainda o teño aquí comigo mentres escribo. Xa veremos maña se os cuadriceps superexcentricados opinan o mesmo, pero maña e outro dia e por moi repunantiñas que se poñan as pernas, non lles hei de faser caso ninghun, porque traio o sol do Xalo e porque as veces non chega con sacudir a vida, as veces hai que volvela do reves varias veces e arrearlle unhas boas chaparretas ben dadas.


Tipico exemplo de chaparretas existenciais


E moitas vidiñas mallables hai no mundo, porque cando arribamos a Castelo o meu colega Candido, Oscar o maratoniano e mais eu encontramos unha boa morea de frikis deses que se botan ao monte -coma nos- dispostos a conquistar o mitico Peton –non coma min (os frikis, non o Peton, que Peton si que son bastante), senon citius, altius e fortius, todo hai que dicilo; pero pa disimular a miña ineptitude trailera, ir de interesante e facerme valer sexa coma sexa, entro en modo pedante e cito a W. Fernandez Flores: “la ciudad tiene la inquietud ansiosa de un eterno acecho, en el que cada uno es pieza y cazador. La ciudad es un corral de hombres y algunos huyen de ese corral, aunque por poco tiempo”. Bueno, “por pouco tempo” e un supoñer, que a min os case 20 kms das narices levaronme unha eternidade, pero deixemolo asi, que non son eu quen para corrixir ao autor, madia leva.

E si, unha eternidade. Ao principio ainda fun coindidindo un pouquechin coas miñas runners preferidas de Santiago, Belen e Cristina creo que se chaman, e mira que lles teño dito que quero practicar baixadas con elas, pero como vivimos lonxe e non me podo acoplar aos seus entrenos, pasou o que tiña que pasar, era visto: na primeira baixada esvaradia ai as vexo ir con alegria cada vez mais pequeniñas, e eu pisando ovos e rezando por non deixar ciscados os piños naquela trampa de barranco antipatico.

Fomonos quedando sos a baixada, o medo e mais nos (adoro plaxiar a Manuel Antonio). Defino “nos”: Alberto, un rapas que se estreaba no monte e unha servidora. E asi paseniño fomos debullando os traballos daquel sobebaixa continuo, botando os fighados nas trepadas, mirando de pisar con xeito nas pendentes, enlamandonos, admirando as magnificas vistas, sacando fotos no Peton e parolando sen parar, que isto de abafar de penultimos e o que ten, que une moito a xente. Pero pa min que no derradeiro avituallamento botaronme drogha na isotonica os orghanisadores eses, porque todo foi bebela e botarme monte abaixo a fume de caroso (dentro dos meus parametros), os pes non querian parar e mesmo parecia que entrara en trance coas ansias que tiña de meterlle brasa e co subidon que sentia deixandome ir asi, soa no medio do monte, e matinaba en que nunca xamais poderia renunciar a esa sensacion. Que friki.

E ainda menos mal que canto mais vella, menos vergoña teño, porque a ver a quen se lle ocorre perderse xa chegando, nos ultimos metros, alo a vista de tanta xente, que tiveron que berrarme e facerme sinais para que dese volta e endereitase o camiño; e logho ao chegar ao pe do pavillon non encontraba a meta, que de non ser por Carliños (ghrasias!!!!) que me avisou xa tiraba pa outro lado toda contenta. O Xalo me confunde, seica.

Houben botar bastante bastante bastante mais de tres horas (diormio, diormio, que non fosen catro!!!) Pero en fin... Na Guia del autoestopista galactico, que deberia ser o libro de cabeceira de calquera, lin unha frase tremendamente seria e profunda, preparadevos: “el tiempo es una ilusion. Y la hora de comer, mas todavia”. Canta razon leva. E se ainda por riba compartes risos, birras e churrascada cortesia de Castelo Deporte con Candido, Oscar, Luis, Lucia, Ana, Manuel, Mar, Carliños, Loli (Loli, tas nomeada filla predilecta deste blog)… daquela a ilusion xa e completa.

Os meus parabens para a organización e en particular para Fero, o superdesbrozador de camiños, que iso si que ten merito e non as conachadas que facemos o resto polo monte. A sachar tiñan que poñernos a todos e deixarnos de trailaradas, que moito visio e o que hai ;)

8 comentarios:

  1. jajaja, moi ben, moi ben, mágoa non poder estares, e culpa do meu nocello dereito, que intentei mandalo a merda, pero manda el máis ca min. Pro ano sen falta, e non, non perderás esa sensación de querer seguir correndo, coma se as pernas non fosen túas, sempre aparece en tódalas carreiras. Eu creo que imos correr pra buscala, e pensamos que si corremos máis atoparémola antes, pobriños de nós. Un saúdo a todos ata pronto ver

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Luis! (por certo, onte decidimos que che quedou "Luis o da camara", que o saibas) Neno, recupera ben ese xeonllo, que hai moita gherra que dar no maquis e moito que tolear polo monte adiante, mecajina! Forza!

    ResponderEliminar
  3. Carlinhos de Souto30/04/13, 10:00

    Dende logo Rosa as tuas crónicas son outra cousa, ben que fan sonrir! eu tamén trouxen un anaco do Sol do Xalo e aínda me dura....
    Grazas por compartir a tua mañan no Xalo.

    Pois iso tamén decían na miña terra: A Sachar tiñamos que ir todos...
    Apertas pa todos

    ResponderEliminar
  4. Ghrasias a ti por ler esta trapalhada, Carlinhos! E recorda que hoxe hai despedida/avituallamento na Estrella Ghalisia, neno, non podes faltar. Tes que vir e contarnos como se vos deu a tarde de escalada. Como dicían en Cai, sodes un "jartibles", que o saibades, que mira que botarse a aghatuñar no Petón xusto despois da trailarada... Aghora que cun sacho na man habiades faser marabillas :D

    ResponderEliminar
  5. jajaja, eres única Rosa , vaya manera de vivir el monte , creo que eres la me mas o mejor , lo disfruta.
    Por cierto , sacarias fotos , pero poner , no pones ninguna , guapa!!!

    ResponderEliminar
  6. Honrame o de" fiila predilecta " e insisto: mola o teu blog e da enxexa.
    Bicos.
    Loli ( miradora e admiradora)

    ResponderEliminar
  7. Ei, Picapedra, que andaras a faser que tan caladiño tas? Deixarias a ria de Ferrol pulidiña de todo? :)
    Tes razon, neno, mal non o paso no monte, non :D
    E as fotos sacounas o outro rapas, pero ao acabar puxenme a saudar a uns e outros e logo non o dei localizado, mecajina, que non dou feito -por non dar non daba nin localizada a meta, xurocho :D

    ResponderEliminar
  8. Loliiiiiii!!!!!!! Que alegria tan ghrande!!!!!!! Benvida ao maquis, rapasa! Xa tardas en desempolvar as zapas e botarte ao monte comigo, que non teño xente para entrenar, que corren todos coma tolos e non dou feito. Aghora xa es do club, non hai escusas!
    Moitos bicos e moitas ghrasias.
    Tas na tua casa :D

    ResponderEliminar