31 de mar. de 2013

VENRES SANTO, VIA CRUCIS DO KILOWATIO

Era visto. Unha non pode ir pola vida deixandose levar pola gula. Agora que se a gula ven en forma de marraxo do Kilovatio, Cedeira, falamos palabras maiores, señores.

E tal foi o que lin na proposta que me cheghou de M. R. Casal (tamen coñesido como Speedy Rodrigues) a traves de correo-e sobre unha ruta Cariño-Cedeira. Home, disque algho tamen informaba sobre distancia, desnivel, tempo probable e non sei que cousas mais de tracks e palabrotes polo estilo, pero o que son as cousas, eu leo “marraxo” e “Kilovatio-Cedeira” e xa non atendo a mais nada. E ighual debia centrarme nas lecturas no seu contexto, pero non dou.

Cheghou a vespera da gran cita cedeiresa e coma sempre entrei en panico. Da ighual que sexa unha carreira con chip ou sen el, unha carreira non competitiva, un quedar entre amigos, un guateque, coma quen di. Eu entro en panico e non hai que faserlle. Menos mal que xa estou afeita a ser boba e non me dou importansia, que se non non saia da casa.

E sain, vaia se sain, mecajina, un festivo as seis da maña xa taba eu alo preto da fonte das Pajaritas para que o gran biciclista, runner e bloguero Candido nos transportase a Corredoira (que corre ultras) a Ezeq (surfeiro-escalador que corre a dios e ten tipin de ultrafondista, tanto que dan ganas de abrigalo e de darlle de comer) e a min (un mazacote reptil) ata Cedeira para encontranos alo co Speedy Rodrigues, que coma o seu propio nome indica vai a fume de carozo; co Gran Cibreiro, que entrena maratons de montaña a ritmos indecentes, e con Carlos e Luis, que non sabendo de anteman nada deles tiñan pintasa de roer moito monte (xa logho me enterei de que son uns fenomenos da naturesa). E eu alo no medio. Ai diormio. E insisto: por qué non me gustara mais ir de tendas que botarme ao monte? Ou polo menos: por que non podia vir tamen Paula para facermos piña?

O peor, con moito, foi cheghar ao punto de partida, alo nun alto preto de Cariño, poñer o mochilo decatlonero do disfraz de trailarailarita -por aquilo de levar hidratacion- e comprobar que as fitas me cinguian coma o corse da zeñorita Escarlata, ou coma unha morcilla de Burgos, asegun se mire. A dios puse por testigo que nunca mas volveria a lesionarme so pena de lucir esta cintura de abejorro que he ido alimentando a base de no entrenar y de mucho lambonar, porca miseria. (Xa sei que castrapeo, pero e lisencia bloguistica).

E veña, imos alo. Pero antes:

AVISO: se hai xente que lea isto (¿haina?) e ta esperando algun dato tecnico, e se foi capaz de ler ata aquí, por favor, que marche pa calqueroutra paxina, que aquí non lle temos diso. Xa logho poñerei un enlace aos blogs de Candido e do gran Cibreiro, que son o aparato (dispensando) cientifico, e wikilokean e levan GPS e saben de zapatillas e critican as talonadoras cando lles peta (iso soamente Candido, je, je). Eu arrastrome polo monte e levo un reloxo infantil do Barça, ¿que queredes que escriba?

Eu que sei. Que a luz da maña sobre Cariño era cor de prata e que o frescor do aire traia promesas dunha maña perfecta. E que se botar a trotar por camiños novos sempre che da as, facelo aquí, tan lonxe, tan alto, debe ser o mais parecido a voar. O soño recorrente da infancia recuperado. So por iso paga a pena vir, paga a pena superar vergoñas, medos e preguizas, esquecerse de todo e deixarse ir co vento.


Iso si, dabame un pouco de medo que Cibreiro, que e militar, me puxese a faser a instrucción tipo ¡Recluta riveter, lo dificil se hace, lo imposible se intenta!, pero ao final portouse moi civil(izada)mente :D  Moita pasiensia tivo el e todos os demais, abofe.

Porque por haber houbo terreos que pa min son tecnicos (aos demais daralles a risa, pero para min son tecnicos) e claro, eu veña a pisar ovos; houbo toxos insolentes e eu veña a laiarme (baixiño, pero laiabame, e que peaso de bodyart levo tatuado hoxe nas pernas); houbo praderios con vacas ceibas e eu veña a lembrarme daquela vez que me viñan embestir unhas vacas de Silleda que pa min que papaban moito estramonio e que se volveran psicokillers e desde aquela teño fobia das vacas ceibas, e por iso berreilles aos rapases que esperaran por min; houbo pechados de espiño que eles pasaban dun salto e eu reptando porque non me dan as pernas; houbo regatos que me gustaria ter corrido se non tivese tanto medo de esvarar; houbo soutos esvaradios que corrin e nos que enfuciñei catro veces, catro, sen que ninguen se enterase (ainda menos mal), houbo escordadura de nocello sen consecuencias, houbo algunha rocha que agatuñar (mola!), houbo unha preciosa braña na que chapotear (e cada dia me presta mais mollar os pes), houbo costas intratables que me terian deixado cravada de non ser polos animos e apoio recibidos que nunca acabarei de agradecer, houbo choiva torrencial cegadora da que enchoupa a alma; houbo lameiros nos que afundir os pes ata o nocello, houbo a fin friaxe, dor (maldita dorrr!!!) e medo de desfalecer, medo de obrigar ao resto a dar volta para buscarte, vergoña de saber que van esperando por ti, mirando de que non te perdas, e ganas, moitas ganas de non fallar.



Fixen canto puiden. E disfrutei moito mais do que podia imaxinar. Como dixo Manuel Rivas, "Os camiños morren cando deixan de contar historias". E seguiremos camiñando para escoitalos.

Foto de M. R. Casal

Bueno, bueno...Tal como o conto parece que fixen un ultra, e foron 28 km, ja, ja! E nin os 28 daria feito se non fose porque M Casal avisoume nos ultimos quilometros de que estabamos a punto puntiño de chegar a Cedeira xusto pola banda do Kilowatio. Isto e psicoloxia e motivacion, e o resto son parvadas. Porque o Kilowatio ten o mellor marraxo do mundo coñecido, e ademais alo estaba esperando por nos a miña amiga Natalia, que tamen e desas tolas que corren.

Tiven os mellores compañeiros de ruta:


E a mellor sopresa ao chegar: coñecer a Lucia, unha fedelliña que vai para barefoot, que non habia mais que verlle a cara de felicidade ao confesar moi baixiño, despois de sacalos as agachadas: "no tengo zapatos"  :D

A mesma xornada narrada por unha persoa coa cabeza ben amoblada:

A version do Gran Cibreiro:
Trail serra da Capelada, por Pedro

 E un millon de grazas a Luis polos seus videos. Un recordo estupendo da xornada:


Ningún comentario:

Publicar un comentario