22 de mar. de 2013

O MÁXIMO, NENO

Onte fun carne e suor de gym.Tras completar 50 mins de elíptica, pasei por diante das cintas facendo coma quen non as vía, porque a idea era precisamente non correr; non correr, repito, non correr, hoxe non debes correr, debes reforzar, para quieta, deixa de mirar para as cintas, calamidad –tal era o meu diálogo interior. 



O que non te mata, fortalécete. E seica o dixo Nietzsche,fíxate


Antes de baixar para a piscina, botei outros 20 minutiños máis subida nunha cousa que, o que son eu, nunca tal vira, porque veño da aldea: unha elíptica con movementos laterais, bastante divertida dentro do divertido que pode resultar un trebello instalado dentro dun contedor de xente suada e medio autista, ximnasio disque lle chaman.

Como era novidade no local (a máquina, non eu), aló ía parando todo o mundo (e quen dixo que non paraban por min? Ein?). A cousa é que cada vez ía quedando máis pasmada, porque nunha escala de 1 a 25 eu levaba o máximo, neno, o máximo, o nivel 25, e mesmo me parecia levitar do lixeira que ía; en cambio a xente que probaba o maquinillo do lado empezaba cun nivel 2, 3 ou 4 e ao momento marchaban comentando o machaque. “Mi madriña”- pensaba eu –“e parece mentira o cachas que acabas despois dun bo rato de elíptica; e tou feita un crack, se mesmo parece que vou tocar o ceo…Yujuuu!!!”. Ai, e que 20 minutos de autoestima estratosférica! Aquilo foi un cantarme a min mesma, un imaxinarme na conquista do mundo enteiro e das aldeas do lado, un non dar creto á miña potensia…

E que axiña pasan, 20 minutos de gloria. Porque para rematar a faena, en ves de parar a máquina tiven a infeliz idea de ir reducindo niveis. Ai, amigo. E canto máis reducía máis afoghaba e eu veña reducir e aquilo xa non había dios que o movese e ao descer ao nivel 1 xa taban as veas da gorxa todas en 3D con efectos especiais.

Tiven que poñer a abrandar na piscina a pena de saberme enganada por un mal calibrador de elipticas laterais, que e unha pena das importantísimas.

E como despois da experiensia xurei nunca mais pisar un gym, asi toda llena de despecho, hoxe fun trotelear ao mundo exterior un pouquechín tal que asín:



Non me mato cos entrenos por semana, ben se ve… Pero tanto ten; tou feliz. Cando parei para ir recoller ao meu fillo e sentín que o corpo me daría para facer 3 veces máis, que non había nin rastro de molestias, púxoseme unha cara tan bobalicona que ata lle perdoei a vida ao calibrador de elípticas ese.

Adoro os meus Sanxoves de San Pedro

Ningún comentario:

Publicar un comentario